O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “ao denominado lote 1, é dicir ao equipamento e amoblamento, presentaron ofertas cinco empresas. E ao lote 2, lavandería e cociña foron 12 as empresas que se presentaron. Estas son as que se presentaron, sen prexuízo de que algunha delas non cumpra cos requisitos esixidos e poida ser excluída do procedemento”.

O rexedor contou que “a mesa de contratación inicia hoxe o estudo das ofertas empezando polos sobres A, que son os referidos á documentación administrativa. En próximas sesións iranse abrindo os sobres B, relativos a criterios suxeitos a xuízo de valor, e que serán avaliados por un comité de expertos. E os sobres C refírense á oferta económica”.