O martes de Entroido é festivo local en Ribadeo polo que se agarda que a xente saia á rúa de xeito multitudinario, “agardamos que o tempo nos acompañe, e que polo menos non chova. Hai moita ilusión e moito traballo posto nesta cita, como todos os anos”, din desde a organización.

Por outra banda, Concello e Comisión lamentan a suspensión da VIII Cea de Entroido, prevista para esta noite.