A edil dixo que “dende a Concellaría de Cultura queremos agradecer publicamente todo o traballo que está a facer a Comisión de Entroido para que, en tempo récord, toda a veciñanza de Ribadeo, e tamén todas as persoas que nos visitan, poidamos disfrutar dun Entroido cun programa ben xeitoso”.

Pilar Otero convidou “a todas as persoas a participar nos distintos eventos programados este ano 2020, dedicado aos felices aos 20, xogando cos números, e no que tamén se quixo recuperar a tradición das mascaritas. Animamos a toda a veciñanza a disfrutar e pasalo ben. Bo entroido”.