A través dun Bando da Alcaldía de Ribadeo o rexedor, Fernando Suárez, fai saber que “Ribadeo disponse a celebrar, como en anos anteriores, as tradicionais festas do Entroido. Con este motivo a Alcaldía, ao tempo que invita a compartir o Entroido ribadense a todos os veciños, veciñas e visitantes que se achegan a este concello, solicita do empresariado e comerciantes en xeral que o vindeiro martes, 28 de febreiro de 2017, pola tarde sexa flexible nos teus traballos para facilitar a participación cidadá nestas festas e contribuír, deste xeito, ao realce das mesmas”.