O Teatro acolleu esta tarde a entrega de premios do XIII Ribadeo de Tapeo. A cita arrincou co discurso pronunciado pola concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, que lembrou o esforzo que hai detrás da organización dun evento destas características. Tivo palabras de agradecemento para as dúas persoas que impulsaron o Ribadeo de Tapeo hai trece anos e para todas as que traballan agora para que esta cita gastronómica sexa unha auténtica referencia nesta comarca e fora dela. Martínez tamén deu as grazas a todos os membros do xurado, homes e mulleres, que ao longo destes anos se encargaron de probar, seleccionar e elixir as mellores tapas, así como ao público por saír edición tras edición a tapear. Neste 2018 foron 45.000 as tapas vendidas, segundo a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio.

Os encargados de entregar os premios ás tapas gañadoras deste 2018 foron ademais de Ana Martínez, os concelleiros de Limpeza Viaria, Jorge Díaz, de Igualdade, Mariluz Álvarez, de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, e de Xuventude, Vanesa Yanes.

A entrega de premios estivo salpicada de pezas musicais interpretadas por algúns dos grupos que participaron na III edición dos Cantos de Taberna, que ao remate do acto fixeron as delicias dos asistentes cantando e tocando xuntos pezas populares galegas.

1 PREMIO
Hotel AG Porcillán
Xógaras de Porcillán.
2 PREMIO
Texturas Galegas Javier Montero
Brownie salgado.
3 PREMIO
El Oviedo
Carpaccio de ova curada, emulsión de kefir con algas, manteiga de ourizo e vexetais conservadas en vinagre.
TAPA RIBADEO
El Parador de Ribadeo
Petisco de mar.
MENCIÓN ESPECIAL
Restaurante Marinero
Rabodeo.
MENCIÓN ESPECIAL “MELLOR VALORACIÓN NA APP MÓBIL”
O Alén
“O barril do bodegón recheo de bacallau”

Tamén recibiron esta tarde os agasallos do Tapear ten premio, ducias de clientes, que resultaron premiados no XIII Ribadeo de Tapeo. Eses regalos foron doados por gran parte dos establecementos participantes.