Titular destacado e centrado.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, fixo entrega dos diplomas ao medio cento de participantes no curso de kumite, que tivo lugar este sábado no pavillón municipal.

Foi impartido por Rubén Villaverde Canal, campión de Europa cadete 95, subcampión de Europa junior 98, campión de España 4 veces por equipos, 10 veces campión de Asturias e 6 veces campión nacional do estilo gensei ryu.
O curso, que se desenvolveu entre as 11 e as 13 horas, foi organizado polo Club de Karate Shitokai Ribadeo, cuxo director técnico é Julián Martín. Colaboraron o Concello ribadense e a Federación Galega de Karate.

Silvent subliñou: “Ribadeo segue a acoller diferentes cursos e competicións nas súas instalacións deportivas as fins de semana e así agardamos continuar ao longo dos vindeiros meses”.