O Cine Teatro acolleu esta tardiña a entrega dos premios aos establecementos gañadores do XII Ribadeo de Tapeo, nun acto no que os asistentes gozaron dos Cantos de Taberna interpretados por varios grupos. El Oviedo, A Mirandilla e Parador de Turismo recibiron o 1º, 2º e 3º premio respectivamente, tras a decisión do xurado profesional que xulgou as tapas o pasado 22 de maio e que decidiu que a tapa de Ribadeo fose para La Villa. Ademais concedeu mencións a Fumarel, AG Porcillán e Marinero. La Villa foi a tapa gañadora para o público e tamén recibiu o premio á mellor barra. No acto deste sábado foron entregados os agasallos ao público afortunado, que recibiu diferentes premios como ceas ou lotes de produtos, entre outros obsequios. Asistiron ao evento no Cine Teatro o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local, Ana Martínez, e tamén a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra.