Díaz Freije explicou que “estes contedores están perfectamente rotulados e contan con peche. Serán eses establecementos os que se encargarán de sacalos á rúa cando rematen as súas xornadas de traballo e de recollelos ao día seguinte. Tamén correrá da súa conta a súa limpeza e o seu lavado”.

O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “deste xeito eliminaremos moitos cheiros innecesarios das rúas, sobre todo en época de calor”.