O Cine Teatro de Ribadeo acolle este venres, 26 de xuño, ás 19:00 horas, un concerto de alumnas e alumnos de diferentes centros de ensino musicais da provincia de Lugo baixo o nome de Encontro Orquestral.
Na actividade participará alumnado das escolas de música de Burela, Mondoñedo, Xove, Ribadeo e máis do Centro de Música de Fingoi (Lugo).

Baixo a dirección de Xan Carballal, arredor de 60 alumnos e alumnas interpretarán obras de Nelson, Bartók e Mozart. Este será o primeiro concerto destes encontros ofrecendo o sábado, 27 de xuño, no Centro Cívico de Xove o mesmo programa.