O alcalde de Ribadeo sinalou que “estábamos nunha situación crítica que podería ter un desenlace faltal en caso de que non se chegase a un acordo. Debemos felicitar ao presidente de Portos porque as cousas que se fagan ben para Ribadeo ben feitas están, independentemente de quen as faga. Nosoutros estamos facendo historia, creo que o porto de Ribadeo foi un referente histórico e ten moita experiencia en facer as cousas e por iso Ence se queda aquí tamén”.

O rexedor lembrou que “o porto de Ribadeo tivo un período de explendor a finais do século XVIII e principios do XIX e agora podemos falar dun novo rexurdimento desde a prudencia necesaria.  Igual é menos tonelaxe anual en principio, pero polo menos está garantida e sí que hai elementos fundamentais como abordar un dragado integral como nunca se fixera, ampliar o muelle de atraque e desde logo estas esperanzas de futuro que existen para buscar novos tráficos continentais. Aí está esa parcela que Feve se ten que animar porque ten compromisos no Congreso para convertir esa pequeniña parcela ao pé do polígono nunha curiosa e importante terminal de carga e descarga para vincular aos tráficos co porto comercial de Ribadeo”.

Suárez Barcia asegurou que “desde a Corporación, e a pesares que somos moi diferentes, estamos moi ilusionados con todo esto. Realmente cos antecedentes que viamos nos temiamos o peor e estamos francamente satisfeitos. Apoiaremos na parte que nos toque aquelas cuestións que sexan necesarias, ven sexa desde o polígono industrial, ven sexa da incidencia que poidamos facer os grupos nos foros nos que teñamos capacidade para apoiar estas iniciativas porque queremos que o de hoxe sexa un rexurdimento para o porto de Ribadeo”. O alcalde manifestou que “estivemos nun tris de perdelo, sí mantelo en capacidade recreativa, en capacidade mínimamente pesqueira, pero puidemos perdelo en materia comercial. Penso que das crises sempre se aprende e quizáis aquí nos catapulta para o futuro con máis forza. Está ben que nos deamos abrazos, pero debemos continuar para adiante porque temos un risco e unha responsabilidade moi grande todos”.