Monica Freire, concelleira de Igualdade, manifesta que “con esta campaña tratamos de facer fincapé en que dar amor enriquécenos, pero quererse é esencial para o desenvolvemento da nosa autoestima, para darnos o valor que nos corresponde e establecer límites.  Baixo o lema En San Valentin, Quérete tentamos transmitir que as mulleres debemos priorizarnos e escoitarnos para descifrar cales son as nosas propias necesidades”.

A edil ribadense engade que “esta iniciativa busca fomentar relacións sas e igualitarias e concienciar sobre os mitos do amor romántico que esconden tópicos como o da media laranxa ou o da omnipotencia. O primeiro paso para crear unha relación consciente é amarse a unha mesma”.

Freire Rancaño sinala que “regalar o 14 de febreiro está ben sempre que vaia acompañado de actitudes e comportamentos pola igualdade. As mulleres teñen que ser libres para poder ser elas mesmas e gozar plenamente da vida sen esperar a que o amor romántico chame á súa porta”.