O Cine Teatro acolleu este mediodía a presentación do vídeoclip En paz (Ach dani), realizado durante o curso pasado polo alumnado de básica do CIFP Porta da Auga, por Adrián Yáñez, (Deep Riot), alumno do ciclo de Educación Infantil do mesmo centro, e por Youseff Selouane, tamén estudante. A edición deste traballo enmárcase dentro dun proxecto do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos, do Concello de Ribadeo, e trata de falar do controvertido consumo de cannabis por parte da mocidade.

No acto desta maña participaron Deep Riot e Youseff, os autores da letra e intérpretes da canción deste vídeoclip, Naima Lamini, que foi a tradutora, Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias, David Castro, de ElFarero Audivisuales, así como tamén a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, e o alcalde, Fernando Suárez. Asistiu todo o alumnado de 4º de ESO dos centros ribadenses, así como os participantes na rodaxe do vídeo.

En paz (Ach Dni) pretende cocienciar á mocidade das negativas repercusión que ten nas súas vidas o consumo de cannabis ou doutras substancias estupefacientes. O vídeoclip foi colgado xa en Youtube, tras as súas presentacións e leva arestora da tarde centros de reproduccións.

https://www.youtube.com/watch?v=UAu4hfs3IcU