O alcalde, Fernando Suárez, advirte que “debemos ir con moito coidado, tal e como viñemos facendo ata o de agora, para poder manternos nese nivel 0 ou para conseguir non ter contaxio algún no noso concello. Todos temos que poñer da nosa parte cumprindo coas normativas das autoridades sanitarias en cada momento: distanciamento social, distancias de seguridade, lavado de mans, grupos como máximo de cinco persoas non convivintes… si facemos as cousas ben teremos menos posibilidades de sufrir contaxios”.

O rexedor fai unha chamada á cidadanía para non baixe a garda: “con concienciación e con prudencia iranos moito mellor a todos”.