Emisión do programa Hoy por Hoy da Cadena Ser en Ribadeo

Emisión do programa Hoy por Hoy da Cadena Ser en Ribadeo

O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu por primeira vez a emisión do programa Hoy por Hoy, da Cadena Ser, para toda a provincia de Lugo. Polo estudio instalado no Pazo de Ibáñez pasaron o alcalde, Daniel Vega, as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, o presidente do GDR Terras de Miranda, Vidal Martínez-Sierra, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, entre outros convidados.

Hoxe a Cadena Ser estreou un espazo informativo de 15 minutos, que emitirá todos os días de 14:15 a 14:30 horas, de luns a venres, con toda a actualidade da comarca da Mariña. Hora 14 A Mariña será conducido por Antía Montes.