Os asistentes ao curso completaron todo o ciclo de elaboración do pan.

O plan de formación rural seguirá en novembro cun taller de elaboración de xabóns o día 13 en horario tamén de dez da mañá ás sete da tarde no local social de Vilaselán e outro de elaboración de cervexa o sábado 20 de dez da mañá a oito da tarde na escola de Ove. 

Xa no mes de decembro desenvolveranse unha xornada de elaboración de cosmética o día 4 en Vilaframil en horario de 10 a 19 horas e un curso para a elaboración de queixos os días 11 e 12 na escola de Remourelle, o sábado será impartido de 10 a 15 horas e de 17 a 19:30 horas e o domingo de 10 a 14 horas.