O IES Dionisio Gamallo Fierros acollerá os días 3 e 4 de setembro a cuarta edición do curso temático de verán sobre educación infantil na Mariña, que este ano abordará “Espazos e tempos na escola infantil”. Está organizado pola Universidade da Coruña, o IES Gamallo Fierros e o Concello de Ribadeo a través da Concellaría de Muller, Educación e Cultura. O prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de agosto. O número de prazas que se ofertan é de 100, segundo comentaron no acto de presentación celebrado esta mañá no salón de plenos do Concello o coordenador do curso, Xesús Ferreiro, e a concelleira Mariluz Álvarez Lastra. Os interesados poden obter máis información no CIM de Ribadeo e tamén no IES Gamallo Fierros.