O rexedor agradeceu “á Deputación a súa colaboración e en especial á Área de Cultura por axudar ao Concello con esta achega de 25.000 euros, que posibilitan non só rehabilitar un inmoble que estaba prácticamente en desuso, senón tamén que sexa empregado para un obxectivo útil, xa que Ribadeo é un concello moi vivo, e cada vez máis, en materia asociativa”.

Fernando Suárez engadiu que “nas vindeiras semanas iniciaremos estas obras, eu creo que o resultado final vai ser moi atractivo porque se conservan os elementos estructurais do que era o lavadoiro, pero ao mesmo tempo se dota de diferente mobiliario e de diferentes elementos para que poida ser perfectamente utilizado. Terá unha grande mesa de traballo, sillas, iluminación, lugar para proxección de videos e diapositivas, etc, e desde logo vai ser un paso importante, nunca dado en Ribadeo, de cara ao movemento asociativo veciñal”.

Pola súa banda, Antonio Veiga dixo que “se cumpre unha nova demanda dos ribadenses, esta vez no que atinxe ao movemento asociativo veciñal, xa que con este centro poderán desenvolver as súas xuntanzas dun xeito máis cómodo”.