.O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explica que “desde o Concello de Ribadeo quérese avanzar no deseño dun distintivo diferenciador que poña en valor aos establecementos que aposten pola sostibilidade e pola economía circular. Aproveitárase a xornada para debater e traballar sobre outras posibles iniciativas que podan xurdir arredor de todas as oportunidades que está a xerar a economía circular”. 

A xornada estará aberta a todas persoas e establecementos que desexen participar independentemente do sector. As persoas interesadas poden obter máis información ou ben no teléfono do Concello na Área de Desenvolvemento Local ou no correo electrónico deste departamento.