Con motivo do Día Mundial de Sensibilización da Morte Xestacional, Perinatal e Neonatal, a fachada principal da Casa Consistorial de Ribadeo iluminarase de cor rosa e azul o vindeiro sábado, 15 de outubro, para conmemorar este día tan importante para as familias que perderon unha filla/o durante o embarazo, ao nacemento ou pouco despois da vida extrauterina.

A concelleira de Igualdade, Monica Freire, explica que “é moi habitual que estes duelos sexan invisibilizados pola sociedade, pero para as familias que sofren unha perda tan importante, é unha experiencia moi dolorosa. Con este xesto queremos concienciar sobre a morte e o duelo xestacional, perinatal  e neonatal, contribuíndo a reducir o tabú  social que, moitas veces, provoca que as familias  non reciban o apoio adecuado e vivan o duelo en silencio”.