A ruta de Loiba ao Barqueiro, que se inclúe dentro do programa denominado Domingos a pé, está prevista para o día 9 de xuño, domingo, e a viaxe ao spa de Vilalba será unha semana despois, o 16. As participantes nesta segunda actividade disfrutarán dunha sesión de baño no clube termal e despois poderán elixir entre unha clase de ximnasia ou técnicas de relaxación na auga. Tamén haberá unha sesión de terapia en cabina. A cota de inscrición para participar é de 15 euros.

Ademais os días 6, 13 e 20 de xuño haberá un obradoiro de risoterapia no teleclube de Vilaosende en horario de cinco a sete da tarde.