As inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude.

Do 16 ao 30 de setembro estará aberta a inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. En total son 12 as disciplinas ofertadas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica.

O 16 de setembro darán comezo as escolas de fútbol e bádminton. O 18 será a quenda para o baloncesto, o día 23 iniciaranse as escolas de atletismo e fútbol sala e o día 30 a de tenis de mesa.
Xa en outubro o día 1 comezarán a escolas de ximnasia rítmica e patinaxe, o 3 empezará a de hockei liña, o 4 as de tenis e natación e o 7 de outubro a de pádel.

As inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a inscribirse nas escolas deportivas municipais de inverno ás nenas e aos nenos do noso concello. O deporte é saúde, por iso apostamos un ano máis por esta ampla oferta de disciplinas para que poidan escoller aquela ou aquelas que máis lles gusten”.