O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fixo “unha valoración moi positiva desta iniciativa conxunta denominada O comercio en movemento, que durante un mes permitiron disfrutar de concertos, de concursos de fotografía, de moda e arte e ao pé da rúa… convertemos unha das rúas máis comerciais de Ribadeo nunha auténtica pasarela de moda e esta fin de semana houbo este primeiro concurso de pintura rápida que foi unha ledicia para os participantes e para todo o público ver ao longo do sábado como en cada recuncho da nosa vila había un pintor que estaba tentando trasladar a un lenzo unha estampa de Ribadeo. A calidade das obras foi moi boa e a chegada destes artistas desde diferentes puntos de Asturias e de Galicia ademáis de Ribadeo supuxo un plus moi importante para o noso pobo”.

O rexedor considera que “esta iniciativa de ligar cultura, de ligar arte con comercio estamos convencidos de que foi moi ben acollida, tentaremos reeditala canto antes poidamos en colaboración co CCA de Ribadeo. Estas accións son as que distinguen en positivo a Ribadeo como centro comercial, como lugar de encontro de tanta e tanta xente de toda a comarca e ademáis seguimos levando a iniciativa en todo o relacionado co movemento socioeconómico e cultural”.

Pola súa banda a xerente do CCA, Beatriz Irigoyen sinalou que “estamos tanto en el Concello como en el CCA muy contentos porque a nivel institucional la campaña ha sido muy importante y para los establecimientos ha sido un proyecto interesante porque ha tenido un impacto importante en las ventas, en número de visitas, etc. Y en cuanto a los clientes también les ha gustado mucho por lo que nos han comentado, porque hemos puesto en la calle cosas que muchas veces estaban en Ribadeo, pero faltaba sacarlas a relucir”. Irigoyen tivo palabras de agradecemento para “el Concello, las técnicas de Desenvolvemento Local y Cultura, el alcalde, los concejales sobre todo a Mariluz Álvarez Lastra, porque sin el trabajo de todos no hubiésemos podido llevar a cabo este proyecto que ha sido muy ambicioso y novedoso. Nos lanzamos a él con cierto temor, pero con el trabajo de todos lo hemos llevado adelante y la colaboración que siempre hemos tenido con el Concello se ha demostrado aquí y creo que debido al éxito cosechado continuará en adelante”.