A Concellaría de Cultura e os organizadores do recente concerto solidario de Aba Taano informan que “visto que parte do material discográfico vendido estaba defectuoso, queren facer público que se recollerán os discos que estivesen en mal estado e se substituirán pasados uns días, logo de comunicárllelo á organización, por outros en bo estado”.

Os discos defectuosos pódense entregar no Departamento de Cultura (rúa Viejo Pancho, 12) ou no seu defecto na biblioteca municipal (rúa Antonio Otero, 17) deixando ademais un teléfono de contacto.