O rexedor asegura que “temos moito que ofrecer en Ribadeo, a xente de aquí e de aló vaino sabendo e fala ben, vaia se fala ben. Estamos moi contentos con este dato, que confirma a liña na que vimos traballando nos últimos anos e pola que seguiremos a apostar nos vindeiros, por ofrecerlles infinidade de posibilidades aos que nos visitan no verán, pero durante o resto do ano”.