O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, quéixase “da actitude dalgúns veciños que están a levar as plantas que estamos colocando nas xardiñeiras e no parque de San Francisco para as súas casas”. O edil nacionalista tilda de triste o sucedido e engade que “así nunca poderemos ter os xardíns en perfecto estado, ademáis do custe que eso supón para as arcas municipais. Pídolles colaboración e que se comporten de xeito civilizado coma o resto da cidadanía”.