O concelleiro Vicente Castro dixo que “con este evento se inicia un calendario forte de actividades e torneos deportivos durante a primaveira e o verán en Ribadeo, que serven ademáis de para competir para promocionar turísticamente a vila”.

Ramón Cabodevila, presidente do Fusion Combat System, sinalou que “na velada poderánse ver 4 combates amateur de kick-boxing, 1 amateur de full-contact, 2 neo-profesionales de k-1 e 1 combate profesional de k-1. Os combates amateur, enfrentaran a 5 loitadores do clube local Fusion Combat System contra loitadores do CAMM (Centro de Artes Marciales Mixtas) de Santiago de Compostela e do A.B.P de Pontevedra (Asociación de Boxeo de Pontevedra). No caso dos combates neo-pro e profesional enfrontaranse tres loitadores do Mamba Gym de Ponferrada contra tres loitadores do Vitoria de Guimaraes”. Cabodevila subliñou que “os loitadores locais debutan ese día contra loitadores experimentados que xa saben o que é subirse a un ring”.

O espectáculo dará comenzo as 20:00 horas e finalizará arredor das 22:30-23:00 horas. O clube de ximnasia rítmica da localidade farán una exhibición polo medio dos combates.

Pola súa banda, Maxi Bermúdez, explicou que “o prezo das entradas será de 8 euros en grada e de 15 para ás Vip, que estarán a pé de pista. Haberá varios puntos de venda en Ribadeo como El Rincón del Gordo, Náutico ou Hola Ola, tamén en Foz e en Navia haberá varios locais nos que poder adquirir as entradas, ademais do 17 de maio na taquilla do pavillón. O importe das mesmas destínase a pagar os gastos dos loitadores e xuíces profesionais que acoden ao evento”.

Os organizadores agradecen a colaboración de todas as firmas que os quixeron apoiar nesta primeira velada de deportes de contacto que haberá na zona e tamén á Concellaría de Deportes de Ribadeo. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello.