O rexedor sinalou que “eu como alcalde de Ribadeo, debo dicir o que sempre digo, para este caso e para os demáis, que as sentenzas hai que cumprilas, non se discuten e cando son firmes, como é o caso, temos que facer o que a xustiza manda. Eu non digo esto agora porque a xustiza lle advirta ao alcalde que si antes de marzo a cuberta deste edificio non está demolida lle aplicará unha sanción económica. Esto non é o que nos move, nin é o que me move a min persoal nin políticamente nin moito menos, de feito desde hai moito tempo, e levo máis de dous anos como rexedor de Ribadeo, teño feito movementos no senso de cumprir a setencia”.

Suárez Barcia lembrou que “primeiramente pagamos o proxecto que estaba no Colexio de Arquitectos encargado polo Concello na época do anterior alcalde, licitamos a obra, ésta quedou deserta, eu despois ofrecinlla a algunhas empresas que inicialmente estaban interesadas por si a querían levar elas directamente e tamén rexeitaron o ofrecemento, convidei á asociación de promotores de Galicia para ver si alguén dos seus asociados quería levar esta obra e finalmente hai uns días pedinlle opinión e axuda ao presidente da Deputación de Lugo para que nos bote unha man na execución desta sentencia”.

Fernando Suárez suliñou que “todo o que estaba na miña man estíveno e estóuno a facer, pero esto non é suficiente para a xustiza segundo o auto que nos acaban de remitir, e non me queda outra que cumprir coas súas últimas consecuencias o mandato xudicial, porque eu, en todo caso, non son problema nin son obstáculo, eu estou a colaborar e colaborarei sempre coa xustiza, pero segundo a lexislación o alcalde é o competente en materia de reposición da legalidade urbanística. Polo tanto, a responsabilidade é do cargo non da persoa, si eu mañá cesara, ben porque dimitira, porque perdera unhas eleccións… a seguinte persoa que ocupase o posto de alcalde debería asumir esta mesma execución de sentencia. Non é unha cuestión persoal contra min, é contra o cargo de alcalde que neste momento está desempeñado por min”.

O alcalde de Ribadeo manifestou que “esto ven de longo, desde finais dos 90, e son o terceiro alcalde ao que lle toca lidiar con este asunto. Houbo o alcalde de cando se produciron estes feitos o señor Andina, houbo outro alcalde polo medio o señor Pérez Vacas, e agora tócame a min, xa na parte final na que a xustiza xa non quere máis dilacións con este proceso”. Fernando Suárez engadiu que “a parte de cumprir a sentencia, como alcalde e como persoa humana que son fágome cargo da situación na que quedan os veciños deste edificio. Tentaremos na medida da legalidade e das nosas posibilidades non deixalos colgados para que a execución dunha sentencia non cree uns problemas colaterais que igual se están a esquecer”.