O rexedor sinala que “un ano máis e como nestes últimos e dentro desta intención que temos de achegar os servizos aos veciños, queremos tamén colaborar de cara a axudar á xente a facer a declaración da renda para esta campaña de 2008. Durante os meses de maio e xuño, de acordo con esa colaboración que mantemos coa Axencia Tributaria coa súa delegación de Lugo imos levar adiante unha vez máis a realización da declaración da renda aquí no Concello de Ribadeo”. Fernando Suárez engade que “deso vánse encargar técnicos competentes da administración tributaria e que ao longo de maio e xuño os veciños poderán facelo ou pedindo cita previa por teléfono ou achegándose aquí ao Concello”.

O alcalde destaca que “como novidade este ano aparte dalgún día da semana imos ofrecer tamén esta posibilidade os sábados para que os veciños poidan escoller ese día para facer a declaración da renda. Polo tanto nos vindeiros días iremos pechando todas as citas do mes de maio e despois poderemos amplialas no mes de xuño. Quero convidar aos veciños de Ribadeo que queiran facer a declaración da renda no Concello a que a partires do luns pidan cita. E teño que lembrar que o servizo é totalmente gratuito”.