Desde o Concello Susana Álvarez, a dinamizadora sociocultural, explica que “saímos con rumbo sorpresa cara un destino descoñecido por todos/as os /as usuarios/as das Tardes de Lecer. 80 persoas das parroquias e lugares de Ribadeo partimos da estación de autobús ás nove da  mañá, fixemos unha parada en Guitiriz e unha vez que chegamos a Betanzos fomos recibidos por Helena, a técnica de Turismo do Concello, que nos amosou as marabillas do lugar con visitas guiadas segundo a mobilidade dos participantes”.

E engade: “visitamos o Museo das Mariñas, que é fermosísimo e trouxo moitas lembranzas aos asistentes. Comemos o cocido e paseamos un pouco polas rúas deste fermoso lugar. Fomos ver un pouquiño o Parque do Pasatempo, que ten moito que ver. E na viaxe de volta paramos en Mondoñedo e logo chegamos ao noso Ribadeo. Queremos agradecer o bo trato, a boa condución, o bo acompañamento e o día tan fermoso que nos acompañou”.