O rexedor quixo “comentar unha noticia que desde o punto de vista económico quizáis non teña moita trascendencia aínda que sí desde as quinielas electorais que están tan de moda aquí en Ribadeo, sobre si o Concello vai ter 17 edís ou 13 por ver si o INE ía aceptar a reclamación que había para sobrepasar os 10.000 habitantes. No día de hoxe o Instituto Nacional de Estadística, a través dunha comunicación, cifra en 9.988 persoas as que están no seu rexistro, non acadamos as 10.000 necesarias, polo tanto despois das vindeiras eleccións Ribadeo contará con 13 concelleiros e non con 17, aínda que o noso padrón de veciños ten más de 10.200 persoas, pero esas disfuncións sempre son normais entre os rexistros municipais e os estatais”.

Suárez Barcia sinalou que “máis aló desta diferencia os coeficientes de ponderación e de participación nos tributos do estado non cambian por ter máis ou menos de 10.000 habitantes, eses coeficientes cambian en concellos que pasan a 5.000 ou a 20.000 veciños. Ribadeo aforrará o custe de facer catro novas cadeiras, aforramos de refacer e de ampliar a mesa do salón de sesións e aforramos de pagar as dietas a estes catro novos concelleiros”. E engadiu que “desde o punto de vista da proxección electoral o importante non é si hai 13 ou 17 concelleiros, o importante é que a xente confíe nun e que vote a unha persoa, a unha formación política, polo que a norma básica da lei electoral é que os concelleiros son asignados cos votos que teñen máis aló do número de edís que teña esa Corporación”.