A tamén concelleira de Turismo, Ana Martínez, lembra que “durante esta fin de semana nos agardan dúas citas clásicas en Ribadeo. Mañá, sábado, a Festa do Percebe de Rinlo onde se van poñer á venda máis de 600 quilos de percebe da man das nosas percebeiras, e que tamén se poderán degustar no resto dos establecementos hostaleiros deste porto ribadense”.

Ana Martínez subliñou que “mañá Rinlo é unha festa, unha festa completa na que se pode comer, beber, divertirse, cantar e bailar. Cada vez é máis a xente que acude aquí e durante todo o ano están chamando para preguntar cándo é a Festa do Percebe de Rinlo”.

A alcaldesa en funcións tamén se referiu á Xira a Santa Cruz: “o domingo temos outra cita tamén importante. Ademais un clásico, un referente, que é a Xira a Santa Cruz. Esa festa e romaría de interese turístico internacional que ven da man de Amigos da Gaita. Xa van máis de cincuenta anos e cada primeiro domingo de agosto nos cita en Ribadeo”.

Ana Martínez, fixo unha invitación: “aquí vos agardamos a todas e a todos durante esta fin de semana, pero tamén durante todo o verán e durante todo o ano porque Ribadeo está aquí para dispoñerse, para que a xente nos visite e todos poidamos estar contentos e gozando aquí na nosa vila e no noso concello de Ribadeo”.