Desde o Concello indican que se publica no portal da Axencia Tributaria (www.aeat.es) a través do acceso ao proceso do Real Decreto Lei 4/2012, unha nota informativa do Ministerio de Facenda relativa ao desenvolvemento do procedemento de pago a proveedores.

En virtude da mesma, os proveedores poderán acceder coa súa firma electrónica tanto á información acerca das facturas certificadas polos Concellos como a constatar a súa vontade de acollerse ao instrumento de pagamento regulado no Real Decreto Lei 4/2012. De feito, habilítanse dúas maneiras de acollerse ao instrumento, sendo importante recalcar que de non realizarse actuación ningunha entenderase que o proveedor declina acollerse ao mesmo.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, indicou que “existen dous posibles modos de acollemento, un é telemáticamente a través da Axencia Tributaria con firma dixital, onde existe un acceso directo (Pago a proveedores de Entidades Locales RDL 4/2012) que conta incluso cun tutorial onde se explica pormenorizadamente o proceso e se habilita a posibilidade de aceptación masiva da totalidade das facturas certificadas por diferentes Concellos ou por un só, se é o caso. O outro modo de acollemento é mediante a presentación por escrito dunha solicitude da que existe un modelo a disposición dos proveedores nas Dependencias Municipais, onde deberán consignar a totalidade dos datos que require o Ministerio así como relacionar individualmente a totalidade das obrigas, debendo presentarse un escrito por cada Concello e en cada Concello”. O prazo para acollerse telemáticamente remata o 22 de abril, e por escrito deberá ter entrada no rexistro xeral do Concello antes do 20 de abril.

Por outra banda, por indicación expresa do Ministerio, aqueles proveedores que presenten unha solicitude de certificado individual serán considerados como adheridos voluntariamente ao procedemento pola factura que sexa certificada positivamente, aínda que se recomenda o acollemento expreso por canto os certificados non positivos carecen de tal carácter e, en principio, aínda que o certificado sexa positivo, non implica acollemento para as demáis facturas certificadas se existen.