O alcalde, Fernando Suárez, sinala que “a actuación moi exemplar da cidadanía de Ribadeo empeza a dar os seus froitos, pois segundo nos acaban de comunicar desde a Consellería de Sanidade, dos tres casos positivos en coronavirus en Ribadeo que tiñamos onte, baixan hoxe a dous, aínda que os contactos en seguimento seguen a manterse en 21”.

O rexedor engade que “tamén nos comunican desde a Xunta que mañá mércores tomarán a decisión sobre o posible levantamento ou non deste confinamento dos concellos da Mariña costeira”.

Suárez Barcia insiste na concienciación cidadá: “cómpre polo tanto non dar tregua ao bo comportamento que a xente ten, usando a máscara, adoptando as medidas de protección, etc, para seguir baixando os casos activos e, por riba de todo, que non os aumentemos por malas actuacións persoais. Se o facemos así todas e todos empezaremos a ver a luz ao final do túnel. Sigamos así!”.