O rexedor dixo: “boa nova dentro da delicada situación sanitaria. Acabamos de ver como, logo de moitos días subindo, hoxe empezan a baixar os casos de positivos covid. 4 menos ca onte, quedando aínda en 91”.

Suárez Barcia sinalou que “aínda son un bo feixe deles, que debemos ir baixando nos vindeiros días para ir reducindo o nivel de restricións alto no que se atopa Ribadeo. Ogallá hoxe poidamos dicir en termos de navegación, que xa pasamos o Cabo de Boa Esperanza. Se entre todas e todos actuamos ben, sen dúbida que seguiremos baixando”.