O concelleiro Farruco Graña anunciou que “este venres, 9 de decembro, ás 12:00 horas, vai haber unha charla informativa sobre a factura da luz no salón de actos da Casa do Mar. Dentro do programa Dalle luz á túa factura, o Instituto Galego de Consumo achegarase este venres ata Ribadeo para ofrecernos unha serie de consellos co fin de reducir a factura da luz. Coñecer un pouco máis ao detalle o noso recibo da luz, a potencia que precisamos para o funcionamento normal dos nosos electrodomésticos e demais aparatos eléctricos do noso fogar, e os diferentes tipos de tarifas, pódenos axudar a lograr unha maior eficiencia enerxética”.

O edil nacionalista dixo que “se nos achegamos ata o salón de actos da Casa do Mar este venres ás 12:00 horas poderemos escoitar os consellos dos técnicos do Instituto Galego de Consumo que, a través do programa Dalle luz á túa factura, están a desenvolver unha campaña de promoción por todo o país. Teñen máis información no facebook en dalleluzatuafactura”.

O Instituto Galego de Consumo ten elaborado unha aplicación informática que permite calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada e o termo de potencia contratada máis aconsellable entre outros aspectos. Para acceder a esta aplicación: http//www.inega.es/información/simuladores. Pode obterse máis información da campaña no 900 90 77 23.