O rexedor asegura que “aspiramos a ser un país dono do seu destino, que nos permita traballar dignamente na nosa terra… unha comunidade dona dos seus recursos naturais… e un país cunha sanidade pública forte, un sistema de pensións garantido, cunha educación pública dotada de orzamentos axeitados, centrada na nosa sociedade e motor de futuro”.

No Bando Suárez Barcia lembrou que este día ven “presidido pola preocupación cidadá por moitas situacións que nos desacougan como sociedade, como a situación sanitaria, social, económica, etc”.

E rematou sinalando: “construamos esa Galiza con orgullo de seu e á vez solidaria e agarimosa con todos os pobos do mundo, nomeadamente cos oprimidos, unha patria de mulleres e homes libres”.