Desde o centro de día A Concordia quixeron deixar a súa pegada neste Día Mundial do Alzheimer no balcón do Concello a través das verbas recollidas nunha pancarta na que se pode ler “Se vivo na túa memoria, non estarei só”, para así acompañar a todas as persoas protagonistas deste día, ás persoas que conviven cada día con esta doenza. 

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, agradece o xesto do centro de día A Concordia co que o Concello de Ribadeo se suma a esta conmemoración.