O edil nacionalista lembrou que “desde 1992 celébrase o día mundial da auga para difundir e concienciar da súa importancia. Cada día somos máis poboación e hai maior consumo. Desde o Concello de Ribadeo xa levamos anos tentando concienciar aos nosos veciños e veciñas no consumo racional da auga como ben escaso que sabemos que é”.

Cupeiro sinalou que “a día de hoxe aínda contamos con redutores de presión e perlizadores para consumir menos auga. Con só achegarse ao Concello coa última factura de Aquagest darémoslle un de cada. Tamén contamos con funís para meter o aceite nas botellas co ánimo de que eses restos non vaian á rede de saneamento contaminando a auga que logo volverá tratarse na depuradora”.
O concelleiro de Medio Ambiente manifestou que “desde o Concello animamos a facer un uso responsable da auga e para elo podemos facer varias cousas como reducir o volumen das cisternas, non deixar as billas abertas mentras estamos a fregar, debemos controlar o tempo que pasamos na ducha, algo ao que nos axudarán redutores e perlizadores. Tamén debemos controlar o rego e as posibles fugas”.

Horacio Cupeiro asegurou que “o Concello e todos ribadenses estamos comprometidos a través deste sistema de xestión ambiental denominado EMAS, no que voluntariamente decidimos integrarnos, a que imos facer un menor consumo de auga. Xa que celebramos este día mundial da auga e que sabemos que hai moita xente que nin siquiera a ten para beber desde o Concello pedirmos que todos fagamos un uso responsable da auga”.