<p>O alcalde, Fernando Suárez, estivo hoxe cos alumnos e alumnas de 6º de Primaria do colexio Gregorio Sanz, que prantaron amieiros e carballos na Vilavella. Deste xeito celebraron o día da árbore. O bo tempo, reinante na xornada de hoxe, permitiu que esta labor se desenvolvese do mellor xeito posible.</p>