<p>Un grupo de traballadoras do Concello de Ribadeo secundou este mediodía un paro simbólico en sinal de apoio á mobilización internacional das mulleres, convocada para este 8 de marzo. Na entrada á Casa do Concello concentráronse e exhibiron unha pancarta na que se podía ler Igualdade. O acto foi organizado polo CIM e pola Concellaría da Muller. </p>