Cupeiro contou que”“dentro duns días celebraremos cos alumnos dos colexios a semana forestal mundial e o día da auga. Neste acto, que facemos todos os anos co ánimo de incitar aos nenos a unhas pautas de comportamento responsable co entorno, prantaremos unhas árbores e ímoslles ensinar a facer inxertos e a prantar semilleiros”. Estes actos están previstos para o 24 de marzo.

O edil nacionalista lembrou que “o día 22 celebráse tamén o día da auga, o ano pasado xa entregamos perlizadores e reductores de presión aos veciños que pasaron a recollelos pola nosa delegación co fin de animalos a reducir o consumo da auga”. O Concello entregará nesta ocasión 100 perlizadores e 100 reductores aos veciños que os soliciten. Horacio Cupeiro manifestou que “hai un mes saiu publicada a nova lei de augas de Galicia, que penalizará o consumo irracional da auga como así indica a directiva marco da Unión Europea, que xa debería ser aplicada desde o ano 2005 e que costou moito esforzo sacala adiante. É unha lei bastante complexa e que si nós miramos as facturas dentro de ben pouco tempo comprobaremos que a taxa a pagar váise ver incrementada de xeito substancial si abusamos de deixar o grifo aberto sistemáticamente”. Cupeiro pídelles aos veciños de Ribadeo “un esforzo máis á hora de loitar polo aforro de auga e para evitar a contaminación dos acuíferos, dos ríos, lagos ou mares. A lei non só vai penalizar o consumo, senón que o fará polo dano que lle estamos a facer ao medio ambiente. Con comportamentos responsables a nosa conciencia estará máis tranquila de facer as cousas ben e realmente aforraremos a auga, como debe ser”.

O concelleiro de Medio Ambiente anunciou que “ademáis imos entregar tamén 1.000 embudos para poder facilitar a reciclaxe do aceite usado de cociña. A cidadanía debe saber que cada litro de aceite tirado polo fregadeiro contamina 1.000 litros de auga e despois iso vai unha depuradora”. Horacio Cupeiro subliñou que “ese aceite reciclado nos diferentes contedores que temos instalados polo concello se poderá utilizar como biocombustible, que despois se mezcla gasoil e se utiliza nos coches ou noutros fins para producir enerxía”.