O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “unha vez máis, o Concello de Ribadeo, e como ocurre xa noutras actividades programadas,  mostra e ratifica o seu absoluto compromiso coa formación das veciñas e veciños no eido das novas tecnoloxías e a prol do seu uso e inmersión, garantindo, deste xeito, unha accesibilidade e igualdade de oportunidades para todas as interesadas e interesados”.

O Concello está a organizar en colaboración co centro de innovación social IN LUGO da Deputación Provincial dous cursos gratuitos sobre novas tecnoloxías. Un versará sobre Emprego, na web encontrarlo e outro sobre A túa ventá ao mundo. Crea o teu blog. Os cursos impartiránse os días 19, 20 e 21 de novembro no telecentro, rúa Antonio Otero, 15. Os horarios serán para o primeiro dos cursos de 16 a 18 horas e o segundo desenvolveráse entre as 18 e as 20 horas.

O rexedor indicou que “para inscribirse os interesados deben facelo on line na páxina web da Deputación de Lugo www.diputacionlugo.org, premendo no logo IN LUGO. Ademáis poden obter máis información no teléfono 982 22 51 86. As prazas son limitadas”.