Durante o mes de febreiro no telecentro de Ribadeo impartiranse tres cursos. O primeiro deles comezará na vindeira semana e será de iniciación. Co nome de Busca de información na rede, terá lugar os días 4, 5 e 6 de febreiro, en horario de 18 a 20 horas da tarde.

Xa a mediados de mes impartiráse outro curso sobre O correo electrónico. Será os días 18, 19 e 20, e tamén en horario de 18 a 20 horas. E para rematar o mes os días 25, 26 e 27 de febreiro impartirase un curso sobre Redes Sociais (Facebook), tamén co mesmo horario. Ofértanse 9 prazas por curso.

Os interesados en acudir a estes cursos e en obter máis información poden chamar ao seguinte número de teléfono 982 120 732 ou pasar polo propio telecentro, en horario de 9:30 a 13:30 de luns a venres e tamén polas tardes, de 16 a 20 horas de luns a xoves.