O curso, totalmente práctico e dirixido a adultos, impartirase en varios grupos reducidos: Grupo1, os días 22 e 25 de febreiro; Grupo 2, os días 1 e 4 de marzo; e Grupo 3, os días 8 e 11 de marzo. O horario será de 12:00 a 13:00 horas.

A actividade explicará todo o proceso para obter o certificado dixital, como pedir a correspondente cita para acreditar a identidade de cada persoa, a súa posterior instalación, exportación, instalación do certificado nos móbiles, firma de ficheiros e o seu uso en diferentes webs. Deste xeito cada usuario sairá do curso co seu certificado dixital obtido e sabendo como usalo.