O curso terá unha duración de 20 horas, e desenvolveráse de luns a xoves en horario de 16 a 18:30 horas. Nel darán a coñecer os recursos socioculturais cos que contan o concello, ademáis de descubrir historias, anécdotas e tradicións que forman parte da memoria colectiva local, pero que non aparecen escritas en ningún libro ou son pouco coñecidas polas xeracións máis novas e tamén se darán a coñecer outras zonas da provincia para favorecer o intercambio de experiencias e vivenzas con outros grupos e persoas do ámbito local que estean a realizar a mesma experiencia.

O rexedor lembra que “esas persoas que se formen grazas a este curso gratuito e que ten un número máximo de 15 prazas, despois poden traballar coma guías turísticos non profesionais con algunha administración coma o Concello, a Deputación ou mesmo a Xunta”. Fernando Suárez convida “a todos os interesados en participar, xubilados, estudantes, voluntarios, empresarios ou traballadores de casas de turismo rural, a que se anoten no Concello de Ribadeo para acudir a este curso que comenza o 4 de maio”.