O edil Xavier Campos explicou que “se trata dun curso orientado fundamentalmente a monitores, educadores e persoas que traballan no ámbito da mocidade e da infancia en relación co tempo libre e que busquen darlles a coñecer recursos e ferramentas para poder incluír tamén o galego coma lingua vehicular e común das actividades que desenvolvan no seu traballo profesional”.

O concelleiro de Mocidade sinalou que “o curso será este sábado, 5 de outubro, na Casa da Xuventude ao longo de todo o día. Será en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. As persoas interesadas en asistir deben poñerse en contacto coa OMIX do Concello no seguinte número de teléfono: 982 129 889 ou pasar pola propia Casa da Xuventude para facer a inscrición””.