Dende o día 6 ata o día 26 de novembro vaise celebrar un curso gratuíto sobre competencias dixitais na Aula ceMIT de Ribadeo. Esta dirixido a persoas de 55 anos ou máis. A formación tratará sobre:

– Trámites e xestións personais con Certificado dixital, chave 365, cl@ve e DNI electrónico.

– Iniciación a Internet e a o correo electrónico. Pago seguro por internet: paypal- Iniciación ás redes sociais: Facebook, Instagram e Twitter.

– A túa música con Spotify

– Ferramentas de Google para a organización persoal: Google Calendar e Google Maps.

– Como realizar videochamadas para uso persoal e profesional: Whatsapp, Duo, Skype, Teams, Zoom.

– Retoque fotográfico con Gimp.

– Como vender a través de Internet: Marketplaces, Vinted, Wallapop.

As inscripcións comezan no día de hoxe e estarán abertas ata 24H antes de comezar o curso. As solicitudes de matrícula faranse de xeito online no enderezo: cemit.ribadeo.gal.

Para calquera dúbida relacionada co curso, poderán informarse no teléfono 697812560.