O edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, destacou “a importancia de realizar estes cursos para que todos nos deamos conta da cantidade de combustible que se pode aforrar. Nós orientamos a todo o persoal da Delegación de Medio Ambiente para que o realizase e tamén ao resto do persoal que manexa vehículos do Concello”.

Cupeiro  pídelle hoxe colaboración á poboación para que “a partires do vindeiro 15 de xuño depositen o lixo nos contenedores pola noite co fin de evitar cheiros debido ao calor do verán e tamén para facilitar a súa limpeza durante o día”.