Horacio Cupeiro dixo hoxe que “parece que os compañeiros do PSOE están moi queixosos pola actuación de quen lles fala no pleno celebrado o pasado luns no Concello, cando tiven que facer fronte á grande cantidade de acusacións, insidias e mentiras que levan verquendo nos medios de comunicación desde hai un par de meses. Eu non sei qué esperaban, xa que precisamente entendo que o pleno é o lugar axeitado de debate e é alí onde documentalmente hai que ensinar todo”.

O responsable de Medio Ambiente considera que “lles doe moito todo, porque como lles presento toda a documentación entón eles se quedan un pouco acobardados. Alí é onde eu lles digo o que realmente queren eles a Ribadeo, tras todos estes días que estiveron falando do núcleo de sostibilidade empregando palabras tan burdas e tan duras como é a palabra Gürtel, ou dudar de si chegarían os 83 contenedores que viñeron polo plan de sostibilidade, dudaron da legalidade dalgunha das facturas como as de Adega e cuestionaron si tiñan capacidade para facturar cando incluso están exentos de IVA, decir que esa factura estaba chea de tachóns… é moi forte. Calquera que queira vir ao Concello a ver toda a documentación sobre o núcleo de sostibilidade verá como todo está feito e ben feito”.

Cupeiro engadiu que “eles están con esa teima de pedir un informe de Secretaría, cando resulta que a persoa autorizada para poder dar legalidade a unha factura que é a señora interventora e cando mediante un informe previo á aprobación resulta que non puxo ningún tipo de obxeción a ditas facturas porque son legais. Non entendo porqué lles preocupa tanto un informe de Secretaría, porque teño que lembrar que cando eles estaban no goberno cun informe negativo para o punto limpo, estiveron catro anos cunha empresa que só tiña contrato por seis meses”.

O concelleiro nacionalista pídelles aos socialistas que “sexan un pouco congruentes e que respecten a presunción de inocencia que creo que me merezo. Eles non a respectan para nada como demostraron contando un montón de mentiras e insidias só por intentar fastidiar a Ribadeo e aos ribadenses. Nosoutros seguiremos traballando pola defensa dos intereses do noso pobo gústelles ou non e cando veñan as eleccións xa será o pobo quen se manifeste sobre o qué quere e qué gobernantes quere. O que sí lle poido dicir ao pobo de Ribadeo é que conmigo teñen unha persoa que traballará desde o punto de vista da legalidade ainda que algúns pretendan desacreditarme”.