O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, desmentiu hoxe as acusacións realizadas na xornada de onte pola UPRI. A Unión do Pobo Ribadense aseguraba que as XII Xornadas Ambientais non contan cun crédito de libre configuración.
Cupeiro asegurou que, como responsable desas xornadas, víase na obriga de informar da falsedade desas afirmacións. Dixo que conta co documento asinado polo Vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, o 27 de xuño de 2008 e aprobado pola [acronym title=”Comisión de Ordenación Académica e Profesorado”]COAPA[/acronym], que demostra a veracidade da súa palabra.
O edil nacionalista engadiu que o señor Rivas debería informarse “pero parece que calquera cousa lle vale con tal de saír nos medios de comunicación contando mentiras ou levantando calumnias”. Cupeiro aludiu a conflitos anteriores xurdidos entre a súa persoa e o voceio da Unión do Pobo Ribadense.